Innovación

Aqualia adáptase aos retos da sociedade actual (climáticos, tecnolóxicos, dixitais e sociais) mediante investigacións e desenvolvementos que:

  • Se apoian na innovación aberta, recollendo estímulos externos e internos que contribúen ao desenvolvemento dos proxectos, desde a identificación de oportunidades ata a implementación dos resultados e a súa valoración.
  • Implican todo o persoal da organización e as partes interesadas, con especial énfase nas persoas altamente especializadas e con dedicación exclusiva á innovación.
  • Se integran nos programas europeos, nacionais e rexionais de apoio á I+D+i, potenciando os proxectos de Aqualia, multiplicando o seu impacto e os activos da compañía.
  • Se centran nos resultados, mediante unha metodoloxía de organización e un sistema de xestión para obter novos produtos e procesos, optimizando e protexendo o seu valor.

Así, os proxectos de innovación apoian a actividade da empresa para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, con especial énfase nun servizo de auga e saneamento accesible e de alta calidade (ODS 6), un balance enerxético optimizado (ODS 7) sen afectar o clima (ODS 13) e unha produción e un consumo responsables (ODS 12). Para materializar esta estratexia, trabállase en seis liñas principais que se detallan a continuación.