O PERTE da Auga

Os PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) son un novo instrumento de colaboración público-privada no que colaboran as distintas administracións públicas, empresas e centros de investigación. O PERTE de dixitalización do ciclo da auga é un proxecto que impulsa o uso das novas tecnoloxías da información no ciclo integral da auga, o que permitirá mellorar a súa xestión, aumentar a súa eficiencia, reducir as perdas nas redes de abastecemento e avanzar no cumprimento dos obxectivos ambientais establecidos pola planificación hidrolóxica e as normativas internacionais.

Obxectivos

O PERTE DA AUGA créase no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cos seguintes obxectivos:

  • Mellorar o coñecemento dos usos da auga para consolidar unha xestión integrada dos recursos hídricos e mellorar a eficiencia no uso da auga en España.
  • Incrementar a transparencia na xestión da auga en España e da información dispoñible para as administracións.
  • Contribuír ao cumprimento dos obxectivos ambientais establecidos na planificación hidrolóxica das distintas masas de auga.
  • Xerar emprego de alta cualificación técnica, investindo en innovación e tecnoloxía.
  • Contribuír ao reto demográfico, á inclusión de grupos vulnerables e á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Accións

Para levar a cabo a dixitalización, o proxecto contempla a instalación de sensores para a obtención de datos, o desenvolvemento de plans directores da auga, plans integrais de saneamento, plans de rexeneración da auga, plans sanitarios da auga e plans de emerxencia (seca e inundación), así como a actualización e a toma de datos no terreo para a implantación do Sistema de Información Xeográfica das redes de auga e saneamento.

Tamén contempla a automatización e o telecontrol de múltiples instalacións do ciclo integral da auga, incluíndo captacións e alivios, a integración e o desenvolvemento de Sistemas de Información Xeográfica (SIX), o desenvolvemento de sistemas intelixentes para a redución da ANR e a optimización enerxética, así como a implantación da telelectura dos contadores de auga. Todo isto levarase a cabo mediante sistemas que cumpran todos os requisitos de ciberseguridade.

As actuacións dos proxectos que Aqualia está a desenvolver están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, no marco da primeira e segunda convocatoria do PERTE de Dixitalización do ciclo da auga.

 

A nosas PERTES.

 

Vinculaciones útiles.